venres, 30 de setembro de 2022
O alcalde participará hoxe na presentación da segunda edición do libro ‘Voces da Memoria con ollos de muller’, de Ánxela Loureiro
No acto, que comezará ás 20 horas no Centro Torrente Ballester, tomarán parte a autora, Sari Alabau, Josefa Varela Fontán e Marta Corral
FERROL, 30 DE SETEMBRO. O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acudirá esta tarde, ás 20 horas, á presentación da segunda edición do libro ‘Voces da memoria con ollos de muller’, de Ánxela Loureiro Fernández. Tras a intervención do rexedor abrirase un coloquio entre a autora da obra, Rosario Alabau e Josefa Varela, que foron coprotagonistas dos acontecementos do ano 72 que se relatan no libro. A xornalista Marta Corral será a encargada de moderar o debate. O acto terá lugar no centro cultural Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n).
Ánxela Loureiro recupera nesta obra os relatos e mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol nos últimos anos da ditadura e pon nome e apelidos ás protagonistas.